Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros pon en marcha ao longo desta semana o seu programa de seguridade viaria «Condúcete con

Oleiros, 13 de marzo de 2014-. O Concello de Oleiros puxo en marcha ao longo desta semana o seu programa de seguridade viaria para escolares. Condúcete con senso é unha iniciativa onde se persegue educar os nosos rapaces e rapazas en valores, creando hábitos e actitudes positivas de convivencia, de calidade de vida e de seguridade viaria.  Este programa, que se leva a cabo nos colexios públicos de educación primaria do municipio,  ten a finalidade de afianzar as normas de seguridade viaria e formar cidadáns e cidadás responsables.

Os  obxectivos xerais son desenvolver hábitos encamiñados á creación do sentido viario, tales como hábitos de observación visual, auditiva, psicomotrices, relacionados coa noción espacial, de prudencia e pronta decisión,  captar o interese do alumnado de maneira lúdica e didáctica na educación viaria aproveitando as súas experiencias persoais. Así mesmo pretende que os rapaces e rapazas coñezan as primeiras medidas de seguridade en caso de accidente. Por último, intentarase do mesmo xeito ensinar ao alumnado as normas que afectan á circulación dos vehículos, a obriga de utilizar o casco e o cinto de seguridade e a incompatibilidade do alcohol coa condución.
 

back link