Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros pon autobuses gratuítos para a Andaina contra a violencia de xénero en Betanzos

Oleiros, 14 de novembro de 2014-. Oleiros facilitará a asistencia e a participación dos veciños e veciñas do concello que queiran acudir á III Andaina contra a Violencia de Xénero que organiza o Consorcio As Mariñas, en Betanzos, o vindeiro 22 de novembro, a través dun servizo de autobuses gratuítos. Os autobuses sairán ese día ás 09:00 h da explanada que hai a carón da Fábrica, en Perillo e retornarán ao mesmo punto arredor das 14.00 horas.

 
Para poder ir nos buses será necesario inscribirse previamente a través do teléfono de atención ao veciño, 981 610 000, en horario de mañá e tarde. O último día para inscribirse será o xoves 20 de novembro. En función do número de persoas inscritas, e de acordo á súa orde de inscrición, decidirase o número de autobuses que se poñen para este evento.
 
O percorrido, duns 4 Km aproximadamente, percorrerá as principais zonas da localidade de Betanzos, saíndo e rematando na praza Irmáns García Naveira, onde ao remate haberá un pequeno acto a prol da igualdade e en contra da violencia de xénero.
 
Esta andaina, que na súa primeira edición transcorreu en parte polo Concello de Oleiros, está organizada polo Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas, do que Oleiros é o responsable de liderar as súas actuacións. O Concello de Oleiros invita a participar nesta andaina a todas as veciñas e veciños, grandes e pequenos, co fin de amosar o compromiso e a unión da nosa sociedade na loita contra a violencia e pola igualdade entre xéneros.
 
back link