Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros organiza unha nova charla científica na Biblioteca Central Rialeda

Oleiros, 20 de marzo de 2012-. O Concello de Oleiros organiza unha nova charla de divulgación científica. A conferencia celebrarase o próximo venres día 23  ás 18.30 horas. Esta actividade, encádrase dentro do programa Ler para saber e terá lugar na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. O simposio, titulado O Xardín de Mendel, correrá a cargo do doutor Andrés Martínez Lage, profesor titular da Universidade da Coruña, vicedecano de Bioloxía e membro do Departamento de Bioloxía Celular e Molecular na súa área de Xenética. No acto participarán ademais alumnos e alumnas de primaria que realizarán unha breve presentación sobre os minerais.

back link