Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros organiza unha mesa redonda sobre alimentación e deporte dedicada a pais e nais de mozos

Oleiros, 12 de febreiro de 2014-. O Concello de Oleiros organiza o próximo día 20 ás 20.00 horas no auditorio da Fábrica unha mesa redonda sobre alimentación e deporte dedicada a pais e nais de mozos e mozas do noso concello. Esta actividade está integrada dentro da programación da Escola de pais e nais creada polo departamento de Xuventude.

Baixo o título Alimentación, Deporte e os Nosos fillos, o Goberno local pretende achegar aos pais e nais a importancia dunha alimentación saudable unida a unha vida con actividade física. Para tratar estes temas contarase coa presenza de especialistas en materia como Nerea Carregal Aller, nutricionista de ABAC, asociación de anorexia e bulimia da Coruña, Sandra Fernández Carrera, licenciada en Ciencias da actividade física e o deporte e Lorena Cambón Losada, educadora social do programa municipal de Comida e Saúde.
 

back link