Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros organiza unha mesa redonda que analizará a prevención no proceso educativo

Oleiros, 20 de xuño de 2012-. O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Educación e Xuventude, organiza mañá unha mesa redonda baixo o título Previr é cousa de todos. A charla será ademais o acto de peche de fin de curso da Escola de Pais. A sesión celebrarase a partir das 20.00 horas no auditorio A Fábrica, en Perillo.

No simposio intervirán Sandra Fernández Fernández, concelleira de Educación e Xuventude, Concepción Sánchez Blanco, docente da UDC do Departamento de Didáctica e Organización Escolar, David Pardavila Martínez, educador social do centro de menores de Palavea, Carlos Freire Rodríguez, docente da UDC no departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, María del Mar Ferradás Canedo, docente da UDC no departamento de Psicoloxía Evolutiva e de Educación e Marta Pena Area, orientadora do IES Miraflores. A mesa redonda estará moderada por Octavio Susacasa, docente da Escola de Pais do Concello de Oleiros.
 

back link