Oleiros, 1 de marzo de 2012-. O Concello de Oleiros organiza un curso para preparar o proceso de avaliación de competencias profesionais. O obxectivo fundamental desta novidosa iniciativa é instruír as persoas participantes na convocatoria de probas de avaliación para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional de formación profesional no ámbito autonómico. Neste curso participarán un total de 25 alumnos e alumnas e durará ata o próximo 13 de abril.
Debido á gran demanda de veciños e veciñas de Oleiros que queren optar aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego na comunidade autónoma de Galicia e que en Oleiros imparte o Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo. Cómpre levar a cabo a realización dun curso preparatorio para as probas de avaliación en competencias claves.