Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros organiza un curso de acción voluntaria que se impartirá esta fin de semana

Oleiros, 24 de setembro de 2013-. O Concello de Oleiros organizan por segundo ano consecutivo un curso de formación básica en voluntariado. Está actividade promovida pola Oficina Municipal de Acción Voluntaria ten por obxectivo achegar a formación necesaria a aqueles veciños e veciñas cuxa intención sexa colaborar como voluntarios nas distintas asociacións do tecido asociativo, no Concello ou a través doutras canles. O curso impartirase o venres 27 de setembro de 16:30 a 19:30 e o sábado 28 de setembro de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo. Esta acción formativa conta coa homologación por parte da Consellería de Traballo e Benestar na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. As persoas interesadas poden poñerse en contacto no enderezo electrónico voluntariado@oleiros.org ou ben no teléfono 981 610 000 EXT: 3117//3118.


Os contidos básicos que se desenvolverán no curso son:
 
 MÓDULO 1: Marco normativo do voluntariado

1. Contextualización histórica do voluntariado
2. Marco Lexislativo, Plans
3. Dereitos e deberes das persoas voluntarias
4. Ámbitos do Voluntariado
5. Programas e entidades de acción voluntaria

MÓDULO 2: Habilidades para á Participación Social
1. Participación activa na cidadanía
2. Dinamización do grupo de persoas voluntarias
3. As habilidades sociais
4. Riscos do voluntariado
 

back link