Oleiros, 5 de xuño de 2015-. O Concello de Oleiros organiza un concerto no que reunirá un selecto grupo de cantautores da zona no teatro das Torres de Santa Cruz. Baixo o título «Viernes de Cantautar», o próximo xoves día 11 a partir das 20 horas os cantautores Carlos Colino, César de Centi, Xurxo Mares e Paris Joel. Trátase dunha actuación cuxo contido reunen poesía, sentimento e palabras cunha mensaxe. Un espectáculo ao vivo, aberto e participativo no que os membros da asociación homónima serán os protagonistas.
A Asociación Cultural “Viernes de Cantautar” é a única asociación de cantautores activa de toda Galicia e está a presentar o seu primeiro traballo, un DVD gravado en directo na sala Baba Bar de A Coruña onde participaron 16 cantautores e cantautoras das distintas cidades galegas, un directo onde se pode apreciar, ao vivo, como son os seus espectáculos, sempre abertos e participativos. Un traballo cuxo obxectivo é levalo a todos os lugares da xeografía galega para que se saiba que a canción de autor está máis viva ca nunca.
PARTICIPANTES:
Carlos Colino: O seu estilo persoal bebe directamente da Nova Trova Cubana.
César de Centi: Leva máis de 15 anos neste oficio de vento revolucionando a escena local.
Xurxo Mares: Forma parte da historia da música galega como membro do Movemento Popular da Canción Galega, cun estilo onde resalta a importancia da letra e as coidadas harmonías.
Paris Joel: Técnico de son e locutor de Radioleiros, cantautor de vocación, con cancións cheas de vida e sentimento e unha música que engaiola.