Oleiros, 19 de marzo de 2013-. O próximo xoves, 21 de marzo, ás 20.00 horas, no Teatro As Torres de Santa Cruz, levarase a cabo unha actuación musical de Jazz por Marian Ledesma e Tinaquero Brothers presentando “As mulleres do jazz”. A cantante Marian Ledesma, acompañada por catro grandes músicos de bandas como Miki Nervio e The Bluesmakers ou May Thai e The Torino Rockets, ofrece un repaso por grandes cancións da historia do jazz interpretadas por mulleres. Escoitaranse temas de Bessie Smith, Elizabeth Cotten, Minnie Memphis, Dinah Washington, Billie Holliday e de Ella Fitzgerald. Ademais das súas cancións poderanse coñecer tamén anécdotas da súa vida e do contexto social no que se desenvolveu un dos movementos musicais máis importante do século XX.