Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros organiza un concerto a beneficio da organización Tierra de Hombres

Oleiros, 12 de marzo de 2014-. O Concello de Oleiros organiza un concerto a beneficio da organización Tierra de Hombres. A actuación protagonizada pola Banda da Escola municipal de Música, celebrarase o próximo domingo día 16 ás 18.30 horas no auditorio Gabriel García Márquez. Durante o acto, presentado por Simón Iglesias, levarase a cabo o sorteo dun lote de material solidario entre as persoas asistentes. A entrada ten un prezo de 5 euros destinados integramente aos proxectos de Tierra de Hombres.

Tierra de Hombres ten como obxectivo promover o desenvolvemento da infancia defendendo os seus dereitos, sen discriminación de orde política, racial, confesional e de sexo. O movemento desde os seus inicios tivo como misión defender os dereitos da infancia en situacións de guerra ou catástrofes naturais, ou in situ de desamparo. Na actualidade, os valores e obxectivos de Tierra de Hombres son idénticos aos anunciados na súa Carta Fundacional.
 

back link