Oleiros, 18 de maio de 2015-. O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Xuventude, organiza esta tarde ás 20 horas unha charla de educación afectivo-sexual destinada á comunidade escolar do municipio. O coloquio organízase con motivo da conmemoración do 17 de maio como día internacional contra a homofobia, transfobia e Bifobia. O Concello invita ao alumnado, as súas familias así como ao profesorado dos centros educativos a asistir a esta iniciativa que baixo o título O respecto ante a diversidade afectiva-sexual, unha labor de todos e todas, intentará transmitir valores de tolerancia.
Hemeroteca
Asset Publisher
Na charla, que se celebra no salón de actos do Centro cultural A Fábrica de Perillo, participará Cristina Palacios, presidenta de Chrysallis Galicia, Asociación de Familias de Menores Transexuais, Xulia Regueiro, profesora de pedagoxía terapéutica en educación secundaria e Martín Vázquez, sociólogo e educador do Programa municipal de educación afectivo-sexual en Oleiros.