Oleiros, 10 de outubro de 2014-. O Goberno local mellorará ao longo das próximas semanas unha serie de rúas e camiños municipais que se encontran deteriorados. Estas vías serán arranxadas directamente polo equipo de operarios municipais habilitado especialmente para esta función, o que axilizará os prazos para a execución das obras.
O Concello de Oleiros posúe unha extensa rede de camiños e vías municipais. Ao longo de todos os meses do ano está levando a cabo continuos traballos de conservación nesta ampla rede. De feito, no pasado pleno o Concello aprobou unha iniciativa do grupo de Goberno para asfaltar moitas rúas do municipio cun investimento total que supera 800.000 euros. Ademais destas rúas, que se contratarán a unha empresa especializada, o Concello levará a cabo nas vindeiras semanas esta serie de melloras co equipo municipal especializado. Asfaltaranse con rego asfáltico ou se repararán as fochas en función das seguintes rúas:
1 – Rúa Cangadas de abaixo
2 – Rúa Fornos
3 - Rúa Camiño das Fabas
4 - Rúa Da Croa
5 – Rúa do Couto
6 – Rúa Esqueiro
7 – Rúa Monte do Casal
8 – Rúa da Cova
9 – Rúa Da Fonte
10 –Rúa Da Sonrisa
11 –Rúa Mapoulas
12- Rúa Vacarizas
13 –Rúa Marte
14 –Rúa Lúa
15 -Rúa Señorin
16 –Rúa Da Aldea