Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros lucirá Bandeira Azul nos areais de Santa Cristina, Bastiagueiro, Mera e Espiñeiro

 Oleiros, 14 de maio de 2015-. O Concello de Oleiros obtivo seis bandeiras azuis para a tempada 2015. Deste modo o municipio mantén os galardóns obtidos no pasado ano. Así, as praias oleirenses de Santa Cristina, Bastiagueiro, Mera e Espiñeiro lucirán este distintivo de calidade. Ademais dos areais, farano tamén o castelo de Santa Cruz e o faro de Mera.

 
Bandeira Azul é un galardón anual e un sistema de certificación da calidade ambiental desenvolvida pola FEE desde 1987. Promove e premia a participación en iniciativas ambientais voluntarias das autoridades municipais, a poboación local e visitante e os axentes do sector do turismo. Os criterios para obter a Bandeira Azul agrúpanse en catro áreas: calidade das augas de baño, información e educación ambiental, xestión ambiental e seguridade, servizos e instalacións.
 
back link