Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros logra o financiamento da Deputación para a construción da rotonda na intersección da es

Oleiros, 20 de setembro de 2018-. O Pleno da Deputación aprobará no pleno deste venres o financiamento da obra na perigosa intersección da estrada DP-1707 de Oleiros a Pravio dentro da quinta fase do Plan de Inversión en Vías Provinciais 2018.

Despois de varios meses co expediente paralizado e grazas ás demandas do Alcalde de Oleiros, o Pleno da Deputación sacará adiante a obra de mellora da intersección da estrada DP-1707 (Oleiros a Pravio) coa AC-221 por un importe de 579.089,06 euros. A solución aos problemas actuais de visibilidade na intersección consiste na construción dunha glorieta que posibilita as entradas e saídas na estrada provincial en adecuadas condicións de seguridade. Na partida inclúense 64.028 euros para expropiacións. Despois da aprobación por parte do pleno, poderá comezar o proceso de contratación, unha moi boa nova para a veciñanza da zona e o municipio.

 

 

back link