Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros logra abaratar o custo do servizo de lacería un 72%

Oleiros, 16 de xuño de 2011-.  O Concello de Oleiros logrou abaratar o custo do servizo de recollida de animais de compañía nun 72%. A recollida dun can supoñía antes un gasto para o propietario de 150 euros, mentres que agora custa 43 euros. Este enorme abaratamento logrouse tras propoñer ao resto de concellos que compoñen o Consorcio das Mariñas levar a cabo este servizo de forma conxunta.

Ademais, o novo servizo de lacería inclúe unha opción de hotel para cans que supón un custo para os veciños e as veciñas que desexen utilizalo de 4 euros diarios.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mostrouse satisfeito esta mañá co logro obtido ao consorciar este importante e custoso servizo. «Isto é unha demostración máis de que a través do Consorcio das Mariñas se pode mellorar a xestión municipal e abaratar custos de todos os concellos que o compoñemos», sinalou o rexedor.

back link