Oleiros, 11 de maio de 2014-. O Concello de Oleiros está a limpar a presa do río de Santa Cruz, cuxa desembocadura discorre polo areal desta localidade ata chegar ao mar. Esta infraestrutura, que basicamente regula o canle de auga que chega a praia, encontrase en bo estado xeral, pero a acumulación de área que foi introducida polos fortes temporais deste inverno obrigan a realizar agora estes traballos de mantemento. En total, a retroescavadora utilizada polo Concello para levar a cabo a tarefa retirará do meandro mais de 125 metro cúbicos de sedimentos, fundamentalmente grava e area. Así mesmo aproveitando esta obra, o Goberno local procederá a reparación da comporta da presa, afectada polas ondas dos temporais e pola acción do mar en xeral.