Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros levará a cabo un conxunto de obras encamiñadas a mellorar a eficiencia enerxética nas

Oleiros, 18 de febreiro de 2014-. O Concello de Oleiros levará a cabo un conxunto de obras  encamiñadas a mellorar a eficiencia enerxética nas casas do  pobo de Perillo, Lorbé e Dorneda. Os traballos inclúen melloras en illamento térmico destes tres edificios nos que se renovará a carpintería metálica das ventás e se dotará a estas duns cristais con cámara que evitarán a fuga de calor e mellorarán tanto o illamento térmico como o sonoro. Ademais, os traballos, que empezarán a executarse nas próximas semanas, inclúen o cambio de enerxía que alimenta o sistema de calefacción da casa do pobo de Perillo que substituirá a electricidade por unha caldeira de gas natural.

Este conxunto de obras ten por obxectivo mellorar o confort destes edificios municipais que acollen unha gran actividade municipal e veciñal a través das actividades organizadas polo Concello e polos colectivos veciñais. Ademais propiciarán unha mellor conservación das instalacións e provocará un importante aforro para as arcas municipais posto que o gasto enerxético se verá sensiblemente reducido.
 

back link