Oleiros, 23 de setembro de 2013-. O Concello de Oleiros instalou contedores para a reciclaxe de aceites domésticos en puntos estratéxicos do municipio. Con esta medida o Goberno local pretende contribuír á conservación do noso medioambiente e xerará un importante aforro económico. Os tres primeiros recipientes están instalados xunto aos puntos de contedores de Santa Cruz, Perillo e na avenida Santa Cristina, as zonas máis urbanas e con maior concentración de poboación.
Esta medida evita a contaminación dos acuíferos subterráneos, augas fluviais e marítimas e o prexuízo para as especies destes hábitats. Así mesmo, evita a proliferación de pragas, insectos, roedores e microorganismos prexudiciais nas redes de sumidoiro público e fomenta o aproveitamento do aceite para a fabricación de biocombustibles.
Como debo reciclar o meu aceite usado?
É tan fácil como reservar o aceite en tarros de plástico e introducilos no contedor cando se atopen cheos. Por este pequeno acto estaremos contribuíndo ao medio ambiente e fomentando un uso máis racional dos recursos