Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros insta á Xunta a que mellore as instalacións do CEIP Valle-Inclán

Oleiros, 18 de setembro de 2012-.  O Concello de Oleiros reclamará á Consellería de Educación que leve a cabo diversas obras de mellora nas instalacións do CEIP Valle-Inclán de Perillo. O Goberno local considera que estas melloras deben centrarse en solucionar as deficiencias que sofre o inmoble na súa cuberta e a rede eléctrica dun dos seus edificios que compoñen o centro.
 
O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, sinalou que nas próximas horas solicitarase unha reunión cos responsables da Consellería de Educación para esixir que estas importantes obras se leven a cabo no menor tempo posible. O rexedor aproveitará o encontro para falar da situación do futuro colexio de Nós e para exixir que a Xunta axilice a súa construción, tras máis de dous anos de atraso na redacción do proxecto.
 

back link