Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros insta á Deputación a que pare de roubarlle

 Oleiros, 25 de febreiro de 2015-. O Concello de Oleiros non ten que pedir ningún tipo de desculpa á Deputación provincial. Se alguén ningunea os funcionarios técnicos provinciais é o propio presidente da Deputación quen puxo por riba deles a once técnicos-políticos contratados a dedo como persoal de confianza do propio presidente. Este grupo ten o control total sobre o corpo técnico e persoal da Deputación prescindindo da capacidade e criterio dos funcionarios.

 
A actitude mantida permanente por parte do goberno provincial de quedarse con recursos que lle pertencen ao Concello de Oleiros a través de diversos programas que por lei teñen que ser de concorrencia pública utilizando todo tipo de artimañas alleas á normativa quedou demostrada unha vez máis na publicación de subvencións para a atención a través dos servizos sociais dos concellos publicado no BOP o pasado 13 de febreiro. A dita publicación conta con 10 días de exposición pública, prazo que termina mañá día 26.
 
O pasado 19 de febreiro o Concello de Oleiros presentou por escrito no rexistro da Deputación a solicitude para ver o expediente. Ese mesmo día négase o acceso ao expediente e ínstase verbalmente aos responsables municipais a consultalo nos próximos días. O día 23 presentáronse o concelleiro de Servizos Sociais e a secretaria da corporación do Concello de Oleiros sen que de novo puideran consultar o citado expediente e remitíndolles ao día 24. Ese día só se lles permite ver a parte correspondente ao Concello de Oleiros e non o expediente completo. Ademais denegouse a posibilidade de copiar o dito expediente manifestando os responsables provinciais que se remitiría ao Concello sen que ata o momento se recibise ningunha copia sabendo que non queda tempo para presentar o recurso correspondente posto que o prazo remata o 26.
 
Esta actitude vulnera o dereito á defensa do Concello de Oleiros e impide deliberadamente o acceso da subvención. O Concello presentará igualmente o recurso e anuncia que en caso de ser admitido conforme a dereito procederá a presentar unha demanda nos tribunais. 
 
back link