Oleiros, 1 de agosto de 2014.- O Concello de Oleiros inaugura o próximo mércores día 6 de agosto a XX edición da Feira municipal de olería, máis coñecida como Alfaroleiros. Celebrarase desde o 6 ata o domingo 10 de agosto. Un ano máis oleiros de todo o país achegaranse ao noso municipio para sementar o parque Luís Seoane de Santa Cruz de tradición e bo facer, permitindo así que o noso Concello faga honor ao seu topónimo e ás súas orixes.
Paralelamente á mostra, na que os visitantes poderán adquirir pezas únicas, o Concello organiza un completo programa de actos culturais para completa a oferta de ocio tanto para os veciños como para as persoas que durante estas datas visiten Oleiros.
RESUMO PROGRAMA:
Mércores 6 agosto
_ 19.00 h: Ginkana onde participará o alumnado do obradoiro infantil de olería
de verán. Parque Luis Seoane.
_ 20.00-22.00 h: Obradoiro de olería para nenos e nenas impartido pola
ceramista Susana Gonzalez. Parque Luis Seoane.
Xoves 7 agosto
_ 20.00-22.00 h: Obradoiro de olería para nenos e nenas impartido pola
ceramista Susana Gonzalez. Parque Luis Seoane.
-20.30 h: Actuación da Tuna de Veteranos Cidade Cristal.
Venres 8 agosto
_ 20.00-22.00 h: Ludoteca de xogos tradicionais a cargo de Xandobela.
Parque Luis Seoane.
_ 22.00 h: concerto de Balakandra
_ 23:00 h: concerto de SES, co xenio destrozado na Praza Esther Pita Pita.
Sábado 9 agosto
-20.00–22.00 h: ludoteca de xogos tradicionais a cargo de Xandobela.
Parque Luis Seoane.
-22.30 h: concerto de Quempallou. Música tradicional.
Domingo 10 de agosto
19.30 h: PETER PUNK peor imposible. Todos os públicos. Parque Luis Seoane.
21.00 h: Peche da Feira, coa actuación da Banda da Escola Municipal de
Música de Oleiros.