Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros imparte un curso formativo de monitor de comedor escolar

Oleiros, 11 de maio de 2014-. O Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros continúa co seu programa de formación para adultos. Nesta ocasión o Goberno local oferta un conxunto de cursos que complementarán a formación dos participantes e achegaralles novos coñecementos que contribúan a mellorar a situación laboral. O primeiro en impartise, desde o 2 ao 11 xuño, será o de monitor de comedor escolar. Este curso quere dotar ao alumnado de coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para poder desempeñar de xeito competente as funcións propias dun monitor de comedor escolar non universitario.

O programa inclúe formación no papel do monitor de comedor escolar as súas  funcións, tarefas e responsabilidades. Así mesmo este ciclo formará en hixiene bucodental, nutrición para escolares, primeiros auxilios e achegará o certificado para manipulador de alimentos. A duración total é de 30 horas en horario de tarde de 16.00 a 20.00 horas. A actividade terá lugar no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, dos Regos.

Unha vez rematado o curso farase entrega dun diploma acreditativo a aquelas persoas que teñan máis dun 75% de asistencia. De xeito opcional as persoas participantes poderán realizar prácticas no comedor dos campamentos de verán que organiza o Concello de Oleiros. O custo da actividade é de 49,50 euros para os empadroados e de 82,50 euros para os non empadroados. As inscricións poderanse facer a través do correo c.xuventude@oleiros.org, no teléfono  981 636 598 ou de xeito presencial no Centro de Información Xuvenil A Fábrica.
 

back link