Oleiros, 10 de maio de 2012-. O Concello de Oleiros, a través da Rede Municipal de Bibliotecas, imparte novos cursos de ilustración para escolares. Mañá 11 de maio celebraranse dúas novas sesións dirixidas ao alumnado de terceiro curso de educación primaria do CEIP Valle Inclán. Estes obradoiros, impartidos polo debuxante Xosé Tomás, terán lugar na Biblioteca Central Rialeda.
O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer diferentes ilustradores e ilustradoras de Galicia. A través desta actividade a xente nova de Oleiros pode coñecer os distintos tipos de ilustracións e aprender aspectos básicos do cómic. Ademais preténdese formar en diferentes técnicas de ilustración, fomentar a creatividade e a imaxinación e promover a lectura.
.