Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros expoñerá unha serie fotográfica composta por imaxes do proxecto «Entre nós»

 Oleiros, 10 de decembro de 2014-. O Concello de Oleiros levará a cabo unha exposición fotográfica composta por imaxes realizadas por alumnos do proxecto «Entre nós». Esta iniciativa está a levar a cabo un interesante obradoiro de fotografía no que participan doce rapaces de etnia xitana pertencentes aos poboados das Rañas e A Pasaxe. Este proxecto está dirixido polo fotógrafo Gabriel Tizón e promovido pola ONG Arquitectos sen Fronteiras. 

 
A exposición, que será inaugurada o próximo sábado día 13 ás 19 horas nas Torres de Santa Cruz cun acto que contará coa actuación musical de Sandra Calderón Trio, constará de corenta e oito fotografías de gran formato realizadas polos alumnos e alumnas do proxecto. As imaxes, que se expoñerán nas rúas e parques de Oleiros, amosarán a realidade da sociedade vista por estes mozos e mozas.
 
back link