Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros estrea un novo autobús para a liña municipal de transporte público

Oleiros, 16 de novembro de 2011-. O Concello de Oleiros contará cun novo vehículo para o servizo municipal de transporte público que comunica o concello coa localidade cullerdense do Burgo. O novo autobús conta con numerosas melloras respecto ao seu predecesor que leva operativo sete anos; conta con ambiente climatizado, maior confortabilidade, fiabilidade e está equipado cunha moderna rampla de acceso para persoas discapacitadas.

Esta mañá, a concelleira responsable de Transporte, María José Varela, e os responsables da empresa concesionaria do servizo inspeccionaron o novo vehículo que realizará a súa primeira viaxe o próximo luns.
 

back link