Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros distinguido con 4 sendeiros azuis europeos

O Concello de Oleiros foi recoñecido novamente con 4 sendeiros azuis europeos: o paseo fluvial de Iñás e Nós, os paseos e parques costeiros, o Monumento Natural e ao Bosque de Xaz. O elevado número de quilómetros de paseos e sendeiros existentes a carón do mar ao longo de todo o litoral, a desprivatización e conservación do Bosque de Xaz e a creación e apertura do paseo fluvial do río de San Pedro fai posible este importante recoñecemento.

A entidade europea ADEAC, que entrega estes prestixiosos galardóns; analiza a preservación e mellora das condicións ambientais existentes, a seguridade e facilidade de uso para os visitantes, e unha xestión integrada e coherente dos valores naturais, históricos, culturais e etnográficos que conforman o noso patrimonio litoral. A costa de Oleiros, desde a ría da Pasaxe ata Lorbé, e o Bosque de Xaz cumpren claramente con todos estes criterios de valoración.

back link