Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros demanda a Portos que constrúa un muro de contención no acceso á praia de Naval

Oleiros, 17 de febreiro de 2014-. O Concello de Oleiros demandou á Xunta de Galicia que leve a cabo a construción dun muro de contención no acceso á praia de Naval. A fortaleza dos temporais que nas últimas semanas azoutaron a costa oleirense provocaron danos no xa deteriorado acceso ao areal. O Goberno local urxe ao organismo autonómico a que acometa os traballos de forma inmediata para evitar un maior deterioro e para garantir que os accesos estarán 100% operativos antes da chegada do período estival, cando esta praia de Dorneda rexistra maior afluencia.

A obra xa fora solicitada con anterioridade polo Goberno local e de feito conta cun proxecto realizado por Portos. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, asegurou esta mañá que a acción do mar foi a causante de que o deterioro se acelerara nos accesos a Naval e por iso instou a Portos a que realizara a obra de forma inminente.
 

back link