Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros defende unha comarcalización do parque de bombeiros da Coruña

Oleiros, 25 de xaneiro de 2016-. O Goberno municipal apoiará a xestión comarcal do parque de bombeiros da Coruña, situado no Polígono da Grela. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, declarou que “hai que estudalo pero para facelo, para que sexa realidade”. 

“Nós levamos demandando este asunto desde a época de Francisco Vázquez e realizámoslle a mesma proposta ao Goberno da Coruña. Entendemos que non ten sentido que os cidadáns da Coruña paguen sos este servizo. O lóxico é que cubra a toda a comarca e o paguemos entre todos os concellos”, declarou o alcalde de Oleiros.

Ademais, García Seoane tamén reivindicou unha vez máis a necesidade de que os parques de bombeiros deixen de estar privatizados. “Se a xestión deste servizo fose pública, reduciríanse moitos dos gastos que teñen actualmente os parques de bombeiros que están privatizados”, dixo.

 

back link