Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros critica a decisión de Portos de aprazar «sine die» a obra do porto de Santa Cruz

 Oleiros, 30 de setembro de 2014-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, criticou esta mañá a decisión de Portos de Galicia de pospoñer sine die a execución da obra de construción do muro de contención no porto de Santa Cruz. O Goberno oleirense tivo coñecemento desta decisión a través dos medios de comunicación, xa que non recibiu ningún tipo de comunicación ao respecto. O rexedor recordou que o Goberno local leva dous anos esperando que o organismo autonómico acometa estes traballos e recordou que durante este tempo mantivo varias reunións con Portos para trasmitir a necesidade e urxencia de levar a cabo esta obra, posicionamiento co que coincidían plenamente os responsables da institución.

A obra de construción do muro de contención no porto de Santa Cruz, é unha obra fundamental para a seguridade nesta zona pública xa que, tras os corrementos de terra producidos en pasados invernos, a inestabilidade pon en serio risco a seguridade dos veciños, bañistas viandantes. Os traballos consisten na construción dun muro escalonado de cachotería que consolide o terreo e non cree un impacto visual nesta zona de especial beleza do municipio.
 
back link