O Plan de Emprego Provincial promovido pola Deputación e os Concellos permitirá axudas a pequenas empresas, autónomos e traballadores individuais.
No caso do Concello de Oleiros se repartirán 585.000 euros para gastos correntes das empresas afectadas pola crise sanitaria.
O Concello de Oleiros abrirá un prazo para a presentación de solicitudes que deberán ser presentadas no Centro Municipal de Formación e Emprego Isaac Díaz Pardo. Onde tamén se informará ás persoas interesadas da documentación que deberán presentar para poder acceder ás subvencións.
As bases da convocatoria serán publicadas na web do Concello www.oleiros.org e facilitarase información presencial no citado centro, situado na Rúa dos Regos, 24 en Liáns.