Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros contribuye a la construcción de150 viviendas y posibilita la educación de 300 jóvenes e

Oleiros, 26 de xaneiro de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, compareceu esta mañá en rolda de prensa acompañado por unha delegación do Fondo Galego de Cooperación para informar sobre os proxectos que este organismo leva a cabo na zona norte de Nicaragua. O alcalde estivo acompañado polo enxeñeiro agrónomo Armando Rodríguez Portillo, director do Centro de novas tecnoloxías aplicadas ao trópico seco do INPRHU-Somoto, e coordinador do seu programa de desenvolvemento rural, e pola traballadora social Marta Beatriz Álvarez Cáceres, coordinadora do Centro de Educación Alternativa Rural Telpochcalli.

Durante a súa intervención García Seoane destacou a importancia dos proxectos de cooperación nos que participa o Concello e destacou o gran labor do Fondo Galego de Solidariedade que permite sumar esforzos. «Pese á actual situación de crise a cooperación non pode quedar no esquecemento», apuntou o rexedor.

Pola súa parte Armando Rodríguez destacou a importancia da liña de traballo mantida co Fondo, que se basea na busca do desenvolvemento a través da educación, o desenvolvemento agrícola e a igualdade de xénero, e asegurou que a súa achega posibilitou o desenvolvemento da zona nos últimos anos. «Grazas a esta liña de traballo púidose construír 150 vivendas e permitir a educación de 300 rapaces e rapazas nunha zona na que o amoroamento afecta ao 45% da poboación e só o 2% ten acceso á educación media e superior», sinalou. «O traballo coa mocidade xa que o futuro da nosa comunidade está na xente nova», apuntou a  súa compañeira Marta Álvarez.

Na actualidade, o Fondo Galego do que é membro o Concello de Oleiros desde a súa creación, apoia en Nicaragua a construción de vivendas para familias indíxenas, que leva o avance da salubridade e a capacitación en agroecoloxía e autoconstrución. Con este son xa once proxectos de cooperación directa coa ONGINPRHU-Somoto, promovendo o círculo de desenvolvemento sostible no departamento de Madriz, aos que se suman outros 12 subvencionados a ONGD galegas que traballan no país centroamericano.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 94 concellos e as catro Deputacións de Galicia, que concentran a través desta rede os seus esforzos no campo da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste modo unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a favor da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego desenvolveu 142 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

 

back link