Oleiros, 29 de abril de 2014-. O Concello de Oleiros aprobou no pleno celebrado onte a proposta do grupo de Goberno de contribuír á formación dunha traballadora sanitaria guatemalteca. Deste xeito, Oleiros colaborará economicamente coa comunidade de Mercedarias Misioneras de Berriz do municipio guatemalteco de Colomba Costa Cuca para que, Doña Laura, unha muller moi comprometida con esta comunidade, fórmese como técnico de laboratorio e poida desenvolver a súa actividade na clínica local na que traballa actualmente.
O índice de pobreza en Colomba é dun 69.17% e de pobreza extrema de 16.27%, segundo o PNUD os pobres obteñen 2 dólares por día e os de extrema pobreza 1 dólar por día; situación que se agudiza co desemprego. Para os mozos e as mulleres, as oportunidades son aínda menos. A formación desta muller de máis de 50 anos de idade, será moi importante para a clínica, xa que na actualidade atende unha media mensual de 350 pacientes no campo da alopatía, máis de 100 en medicina natural e 500 exames de laboratorio, labor do que se ocupará Doña Laura no canto de depender do técnico de laboratorio que visita periodicamente o dispensario.