Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros continúa loitando para conformar unha Mancomunidade na que participen todos os concello

Oleiros, 26 de outubro de 2015-. O Concello de Oleiros segue avogando pola formación dunha Mancomunidade na que participen todos os concellos da comarca, A Coruña incluído. Desde Oleiros estase a loitar para a unión de todos os municipios en beneficio de todos os cidadáns da comarca.

Ángel García Seoane explicou que as posibilidades de redución das tarifas de lixo pasan porque a planta de Nostián funcione dun xeito máis eficiente que ata o de agora. "Hai posibilidades de que marchemos da planta da Coruña e a cidade soa non pode mantela, por iso é importante a unión dos concellos", dixo.

Sobre as diferenzas de tarifas nos concellos do Consorcio respecto a outros municipios, García Seoane explicou que o argumento de que en Laracha ou na Coruña se paga menos de lixo non é válido. “Non se fala que neses concellos non se cobra directamente no recibo o punto limpo, nin a limpeza de contedores e do seu contorno, nin as tarefas de mantemento, nin outros servizos. Na Coruña só pagan 90 euros porque o Concello ten eses servizos noutros contratos”, declarou.
 

back link