Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros conmemorará mañá o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

Oleiros, 23 de febreiro de 2012-. O Concello de Oleiros, a través, da súa Rede de Bibliotecas Municipais de Oleiros participa na iniciativa promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), para celebrar este venres 24 de febreiro o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Unha das mensaxes que se pretenden divulgar é que a cidadanía, nesta data tan sinalada para a nosa cultura, participe co agasallo dun libro en galego e unha flor.

Con tal motivo en todas as bibliotecas municipais de Oleiros realizaranse exposicións bibliográficas de obras escritas por esta insigne autora e outras sobre a súa vida e produción literaria. Tamén se repartirán marcapáxinas con poesías da súa autoría e as persoas que leven algún fondo bibliográfico en préstamo serán agasalladas cun libro en galego.

back link