Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros Comedia: este venres a gala final

Oleiros,  3 de xuño de 2014-. O auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle o próximo venres día 6 de xuño ás 20 horas a gala final da actividade Oleiros Comedia.  Nesta ocasión participan un total de 15 rapaces e rapazas que falarán de: Os pais, qué paliza; As “Clases sociais” do instituto; Os mestres, qué paliza. Estarán acompañados polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música que forman parte do Combo de Moderna. A entrada ao auditorio é de balde ata completar a capacidade da sala.

 
Oleiros Comedia, actividade organizada ao longo do curso polo Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros, ten como obxectivo principal o de potenciar a creatividade e a espontaneidade na expresión oral en lingua galega, a vez que empregan as novas formas de comunicación para traballar a creatividade, empregar o humor para opinar sobre os temas de actualidade. O programa tivo dúas liñas de acción, por unha banda o traballo escrito e por outra o traballo escénico, onde se organizou un obradoiro de expresión artística.
 
back link