Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros colabora coa Plataforma Pola Defensa E Mellora Da Sanidade Pública Galega

 

O Goberno local fretará un autobús para acudir á manifestación en defensa do sistema público que se celebrará o próximo 21 de novembro en Santiago de Compostela

Oleiros, 16 de novembro de 2010-. O Concello de Oleiros apoia a defensa do sistema público sanitario que está levando a cabo a plataforma SOS Sanidade Pública. Así llo fixo saber o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, aos representantes deste colectivo con quen se reuniu esta mañá na casa consistorial.

A plataforma sostén que a política sanitaria do actual Goberno da Xunta está deteriorando e convertendo economicamente inviable o sistema sanitario público galego como paso previo a unha futura privatización. Así mesmo, desde o colectivo apuntan que isto ten como resultado unha importante perdida de calidade da atención que se presta á cidadanía nos centros sanitarios e que esta situación comeza a ser palpable.

García Seoane animou aos veciños e veciñas do municipio a participar na manifestación en defensa e mellora da sanidade pública galega que se celebrará o próximo 21 de novembro a partir das 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela. Para acudir a esta cita o Concello fretará un autobús que partirá das inmediacións da casa consistorial cara a Santiago ás 10 horas.

back link