Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros celebra unha mesa redonda sobre a privatización da sanidade pública galega

Oleiros, 23 de setembro de 2014-. O Centro cultural A Fábrica do Concello de Oleiros acolle mañá mércores 24 de setembro ás 20 horas un interesante acto en defensa da sanidade pública. Este simposio será impartido por Manuel Martín García, presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP) e portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública. Nesta mesa redondea participará tamén o alcalde de Oleiros, Ängel García Seoane, así como enfermos crónicos que están a sufrir as consecuencias do desmantelamento do sistema público sanitario.

 
 
Ante este desmantelamento encuberto do sistema, o Goberno local considera importante e necesario informar a cidadanía do que está a acontecer. Así mesmo é necesario informar da privatización que se está a facer ás agachadas de todo o noso sistema de saúde, que de non deter este proceso, desembocará nunha sanidade para ricos e outra para pobres. Se estás interesado en ampliar información sobre este proceso o consultar algunha dúbida podes facelo a través do correo electrónico deste colectivo, defensasanidade@gmail.com.
 
back link