Oleiros, 4 de maio de 2012-. O Concello de Oleiros celebra o próximo domingo día 6 a partir das 12.00 horas o seu VII Festival de Bandas de Música. O concerto terá lugar no auditorio Gabriel García Márquez de Mera. No acto participarán a Banda da Escola Municipal de Música que está acompañada pola Banda Artística de Merza, agrupación popular máis antiga de Galicia e a Banda de Música de Sober.
A Banda de Merza interpretará pezas de Rafael Talens, Gustav Mahler e de Tomás Bretón. Pola súa parte a agrupación musical de Sober inclinarase por obras de Ferrer Ferrán e Ánton Alcalde. Por último, a Banda da Escola Municipal de Música interpretará a Luis Serrano Alarcón, Rimsky Korsakov e John Williams.