Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros aposta polo traballo do Consorcio As Mariñas como ferramenta de cohesión e garantía de

Oleiros, 4 de novembro de 2011-  O Concello de Oleiros aposta polo traballo do Consorcio As Mariñas como ferramenta de cohesión e garantía de benestar social para os colectivos máis desfavorecidos. Así o sinalou o concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Consumo, Ignacio Crespo na presentación da X Xornada de Sensibilización sobre Saúde Mental que un ano máis impulsa o Consorcio As Mariñas e que ten como obxectivo sensibilizar o público en xeral sobre a necesidade de visibilizar e facilitar a integración deste colectivo na sociedade.

O concelleiro de Servizos Sociais e responsable da comisión política de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas destacou o gran traballo realizado, man a man, nestes últimos dez anos pola asociación pro enfermos mentais APEM e o Plan coordinador de Servizos Sociais do Consorcio. Como obxectivo para esta nova etapa no Consorcio, Crespo apelou a unidade e o traballo colectivo. «Traballando todos os concellos xuntos desde o Consorcio As Mariñas pódese facer un gran traballo cos colectivos máis desfavorecidos a pesar da actual situación socio económica e da contención de gasto na administración», apuntou Ignacio Crespo. «A cohesión que acadamos a través do Consorcio será o noso principal valor e maior ferramenta de traballo, xunto a colaboración coa iniciativa social», concluíu.

Estas xornadas forman parte do plan de acción do Consorcio As Mariñas creado para favorecer a integración das persoas enfermas mentais dos concellos que forman parte da entidade supramunicipal e que se traduce na colaboración coa APEM no estudo de necesidades sociais, prestación e posta en marcha de novos servizos e programas coordinados que promovan a atención, rehabilitación, asistencia e inserción social e laboral das persoas con enfermidades mentais.
 

back link