Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros apoiará o proxecto do Concello da Coruña para optar a 15 millóns de fondos europeos

Oleiros, 07 de xaneiro de 2015-. O Concello de Oleiros apoiará o proxecto que presentará A Coruña para optar a 15 millóns de euros procedentes dun programa europeo. Os fondos estarían destinados a acometer diversas melloras que tamén afectan a Oleiros: a eliminación dos problemas co chabolismo na ría, melloras no servizo de augas, cuestións do transporte e a planta de Nostián.

Logo da xuntanza celebrada esta mañá na Coruña, o alcalde Ángel García Seoane explicou que todas estas propostas benefician directamente ao Concello de Oleiros polo que o apoio “será total”. Ademais de Oleiros, a maioría de concellos do Consorcio das Mariñas apoiarán este proxecto.

“No caso de solicitar de xeito separado esta subvención, podería acadarse ata cinco millóns de euros pero de xeito conxunto falamos de 15. Nun primeiro momento pensamos en pedir a axuda directamente, pero consideramos que a mellor opción é unirnos para ter máis posibilidades de optar aos cartos. Os proxectos son valorados en función do número de persoas ás que afectan e, desta maneira, entre todos podemos facer moita máis forza”, explicou o alcalde Ángel García Seoane.

García Seoane tamén aproveitou a ocasión para insistir, unha vez máis, na importancia e necesidade de que o Concello da Coruña se integre na futura Mancomunidade. “O que demandei na reunión é que non se nos chame só para pedir apoio e que este Goberno singular da Marea busque o entendemento coa comarca”, dixo o alcalde.

 


 

back link