Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros apoia a actuación da Xunta na construción da vía Ártabra ao seu paso pola zona da Edrei

Oleiros, 7 de setembro de 2011-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, apoiou esta mañá a actuación da Xunta na construción da vía Ártabra ao seu paso pola zona da Edreira. O rexedor indicou que os veciños da zona da Edreira e do Cobo atópanse perfectamente comunicados co resto do municipio e que a execución das obras da vía Ártabra non xera ningún problema neste sentido. García Seoane explicou que os primeiros quedan comunicados co centro de Oleiros a través da rúa onde está situado o supermercado Mercadona que conta con acceso para peóns. Mentres que os veciños do Cobo teñen o acceso pola estrada do Pazo e pola estrada de Pousada. O alcalde sinalou que o cambio de rasante tan forte que hai nesta zona obrigaría a expropiar a moitos máis veciños para poder facer un paso subterráneo, ademais obrigaría a derribar dúas vivendas.

back link