Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros amosa o seu pesar polo falecemento de Xosé Manuel Olveira "Pico"

Oleiros, 14 de xuño de 2013-. O Concello de Oleiros quere amosar o seu pesar polo falecemento dunha das figuras máis representativas do teatro galego, Manuel Olveira "Pico", un grande actor tráxico que sempre deixaba ver o seu lado cómico como ninguén o sabía facer.

Xosé Manuel Olveira "Pico" actuou moitas veces nos auditorios de Oleiros e a súa presenza sempre garantía unha gran presenza de público. A última representación no Auditorio Gabriel García Márquez foi O Florido Pénsil e xunto con outros grandes actores da nosa escena, fixeron pasar unha noite moi agradable á inmensa cantidade de público. Con este recordo quedámonos, destacando tamén a súa gran condición humana. Amigo Pico, o teu exemplo estará sempre presente en Oleiros.
 

back link