Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros acolle unha charla de divulgación científica titulada «Avances da realidade virtual: d

Oleiros, 26 de marzo de 2014. O venres, 28 de marzo, ás 18.30 horas terá lugar na Biblioteca Central Rialeda en Perillo unha charla de divulgación científica  titulada Avances da realidade virtual: do videoxogo ao párkinson. Esta charla enmarcada dentro do Programa Ler para saber correrá a cargo de Verónica Robles García, investigadora do Grupo de Neurociencia da Universidade da Coruña. Robles é diplomada en Terapia ocupacional e fisioterapia. Posúe un mestrado en neurociencia e traballa no Grupo de Neurociencia e Control Motor (NEUROcom) no Departamento de Medicina, Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña.

O Neurocom da Universidade da Coruña é un equipo de investigación dedicado ao estudo do funcionamento do sistema nervioso. Os seus membros pertencen ao Departamento de Medicina, colaboran co INEF Galicia e desenvolven o seu labor docente en varios centros da Universidade. Os laboratorios de investigación localízanse nas dependencias do INEF en Bastiagueiro (Oleiros) e no Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), Unidade de Investigación, Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Este grupo de investigación está traballando na actualidade nunha terapia para a rehabilitación de movementos manuais na enfermidade de Párkinson.
 

back link