Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros acolle un encontro de familias galegas con nenos de Chernobil

Oleiros, 12 de xullo de 2011.– O Concello de Oleiros celebra o próximo 16 de xullo un encontro entre familias galegas que acollen durante o período estival nenos e nenas procedentes de Chernobil, Ucraína. A cita, que terá lugar nas Torres de Santa Cruz, comezará ás 12.00 horas cun recibimento protagonizado polo grupo folclórico Santaia nos xardíns. Cara ás 13.30 horas, o grupo trasladarase ao salón de actos do teatro onde a concelleira de Cooperación Internacional e Participación Cidadá, Marga Figueroa, e a responsable de Cultura, Esther Garrido Pan, darán a benvida oficial.

Tras a comida, celebraranse varias actividades nas que os nenos e as nenas poderán gozar de colchonetas inchables e coñecer de preto os xogos tradicionais galegos. Ademais haberá unha merenda. A cita prolongarase ata as 21.00 horas cando está prevista a despedida entre familias.

O Concello de Oleiros dentro da súa política de solidariedade, cooperación e de coidado e atención á infancia, leva anos colaborando co colectivo Ledicia Cativa, responsable deste programa de acollemento e convivencia de nenos e nenas de Chernobil.

back link