Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros acolle o preestreno do filme Blockbuster

Oleiros, 25 de febreiro de 2014-. Este xoves 27 de febreiro ás 20.30 horas, o auditorio do centro cultural A Fábrica acolle a preestrea da longametraxe Blockbuster, dirixida por Tirso Calero e interpretada por Manolo Zarzo e Adam Jezierski. Blockbuster conta coa colaboración especial de María José Alfonso, Jesús Guzmán, Luís Varela e Fernando Esteso.

A película narra a historia de Paco Menéndez, un actor que participa en máis de cen películas pero que xa perdeu a ilusión para seguir loitando por unha profesión que considera ingrata. A súa carreira estivo chea de éxitos e decepcións pero, sen dúbida, o esquecemento é o maior dos fracasos.

Blockbuster foi rodada en Galicia, Alacante e Elxe, destacando o Concello de Oleiros, onde se rodou a maior parte do filme. A película foi seleccionada en Sección Oficial do último Festival Internacional de Cine de Xixón, así como no Festival de Cine de Zaragoza. En marzo, acudirá ao Festival de Cine Inédito de Xaén. O filme estrearase nas salas comerciais o próximo 6 de xuño, co que o pase especial en Oleiros é unha primicia en Galicia.

 

back link