Oleiros, 3 de abril de 2014-. O próximo sábado 5 de abril ás 20:30 horas, no auditorio Gabriel García Márquez acolle o pase de O Feo, unha obra que tivo unha enorme acollida na última edición da Mostra do Teatro de Galicia e que está representada pola compañía teatral de nova creación Catro Cadeiras, unha revelación no mundo do arte escénico galego.
A historia xira entorno a Lette, unha persoa normal. Traballa duro como enxeñeiro e goza dun matrimonio apracible sen sobresaltos. Mais un día descubre unha terrible verdade: é espantosamente feo. Así comeza O Feo, unha comedia que dun xeito divertido e mordaz, denuncia a nosa obsesión pola beleza e polo éxito, obrigándonos a reflexionar sobre o que realmente nos define como persoas hoxe en día. O prezo é de 3,5 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.