Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros acolle este sábado a comedia Cociña económica no auditorio Gabriel García Márquez

Oleiros, 18 de outubro de 2013-. O auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, acolle mañá sábado ás 20.30 horas, o pase da obra de teatro Cociña económica da compañía teatral Mofa e Befa. Este espectáculo está  dirixido por Quico Cadaval e o elenco de actores está composto por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira. As entradas para asistir a esta comedia teñen un prezo de 2,50 euros e poñeranse á venda a partir das 19.30 horas.

Cociña económica é un sketch no que se recrea un estudio de televisión onde se está a gravar un programa de cociña. Trátase de reproducir o esquema que se segue en tantos programas nos que un cociñeiro de gran prestixio presenta á audiencia unha receita de execución simple e custo reducido. Neste programa Cociña Económica realízanse pratos de cociña internacional utilizando, exclusivamente, excrementos extraídos de colectores, pois o lema do programa é: Todo se come. Nada se tira.
 

back link