Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros acolle a presentación do libro «Crímenes exquisitos», de Neves Abarca e Vicente Garrido

Oleiros, 27 de xuño de 2012-. O Concello de Oleiros acolle mañá xoves 28 de xuño a partir das 20.30 horas a presentación do libro Crímenes exquisitos, escrito por Neves Abarca e o criminólogo Vicente Garrido. No acto, que se celebrará na Casa Charry, estará presente a coautora Neves Abarca, o alcalde de Oleiros e membros do goberno local.
 
Crimes exquisitos é unha obra cuxa trama arrinca cando o corpo de Lida Naveria, unha moza da alta sociedade coruñesa, aparece flotando no estanque de Eiris recreando a famosa Ofelia de Millais. A inspectora Valentina Negro, con axuda do famoso criminólogo Javier Sanjuán, liderará unha investigación que a levará a colaborar con Scotland Yard, nunha escura trama dacabalo entre A Coruña e Londres. O que ninguén pode chegar a sospeitar é que na vertixinosa conta atrás para atrapar ao asasino, deberán enfrontarse ás obsesións máis inconfesables da sociedade actual.
 

back link