Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oficina de obxectos perdidos, este sábado no Auditorio Gabriel García Márquez

 Oleiros, 19 de maio de 2021-. Ramiro Neira presenta o sábado ás 20:00 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera Oficina de obxectos perdidos. Neira dirixe e protagoniza esta obra de teatro, de 50 minutos de duración, dirixida a todos os públicos.

 
Por que os máis cativos/as e os que non somos tan cativos/as gardamos un cachiño de papel, unha balea queimada dos foguetes que tiran nas festas, unha cunchiña recollida na praia, unha flor, unha pedra, un cachiño de tea…? Todos eles son obxectos que imos xuntando nunha caixiña. Por que os nosos pais e nais queren que tiremos eses recordos se eles mesmos gardan unha caixiña semellante á nosa? Esas caixiñas non só gardan obxectos, gardan historias dos invernos na aldea, das festas da vila, dos veráns na praia. Moitas veces eses recordos desaparecen na esquina da parte alta dun estante ata que un día sen querer, buscando outra cousa, atopamos a caixiña, abrímola, e todas esas historias brotan outra volta no noso pensamento.
 
A entrada é gratuíta. Poderán recollerse as invitacións no propio auditorio a partir das 19:00 horas, ata completar a capacidade permitida da sala.
 
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
back link