Hemeroteca

Asset Publisher

Back Obradoiro de xoiería para a mocidade no Museo Os Oleiros

 Oleiros, 21 de marzo de 2022-. O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para un obradoiro no que as persoas que participen aprenderán distintas técnicas e materiais cerámicos para a confección de orixinais pezas de xoiería.

 
A actividade vai dirixida a mozos e mozas de entre 15 e 30 anos e ten unha duración de tres xornadas, 23 e 30 de abril e 7 de maio. Para obter máis información sobre o obradoiro así coma para formalizar as inscricións é preciso dirixirse ao Museo Os Oleiros, situado nas Torres de Santa Cruz. Tamén é posible chamar por teléfono ao 981 626 692 ou enviar un correo electrónico a museos@oleiros.org.
 
back link